
Queres darlle mellor calidade de vida á túa compañeira felina e non sabes cómo? Todo comeza comprendedo mellor o seu comportamento e sobre todo moito moito cariño e paciencia, non é un camiño fácil pero para iso estamos nós! Acompañarémoste neste proceso no que te axudaremos a establecer as bases dunha convivencia respetuosa para tódolos membros da túa familia.Podes empezar facéndonos chegar as túas dúbidas:

Non esperes máis, sempre hai unha peludiña (ou máis) perfecta para cada persoa.
Tódolos problemas teñen solución, e se non o cres, pregúntanos!
Cómo nos imos esquecer dos animais exóticos? esas pequenas criaturiñas que se fan querer ás veces á forza, peroaínda que nos pensemos que son máis independentes elas tamén precisan de nós.
Se tes a sorte de convivir cun hurón, coello, ratas... e queres saber cómo facer a súa vida máis plena e lograr unha convivencia máis doada,non dubides en escribirnos, porémonos en contacto contigo para axudarte a ser máis feliz coas túas pequenas "boas pezas".
Somos Isa e Ana Bermejo, dúas irmáns as que lles encantan os animais de calquera forma e cor. Creamos este proxecto para poñer o noso granito de arena no benestar animal, se eles viven ben, nós tamén! :)Isa encárgase da xestión, papeleo, etc. mentres que Ana é bióloga e etóloga e dedícase a axudar directamente ás familias multiespecie e ademáis non para de estudar para estar sempre a última nos métodos de terapia máis eficaces.
Se queres saber máis sobre o noso traballo convidámoste a seguirnos nas nosas redes sociais:
Horario:
De luns a venres de 10 a 14, agás festivos.
Teléfono e whatsapp: +34 611424201
Email: info@boaspezas.esSe o prefires pódenos facer a túa consulta directamente aquí: