
Boas Pezas é un proxecto de acompañamento en comportamento animal que nace da convicción de que comprender é a mellor forma de coidar.Acompañamos a familias con gatos e pequenos mamíferos para mellorar a convivencia, reducir o estrés e favorecer o benestar tanto dos animais como das persoas que conviven con eles, sempre desde unha mirada respectuosa, científica e individualizada.Traballamos de maneira online, adaptándonos a cada caso e colaborando con profesionais veterinarios cando é necesario.
Moitas destas condutas non son “problemas” en si mesmas, senón formas de comunicación. O noso traballo céntrase en entender a causa e acompañar cambios respectuosos, sempre tendo en conta o benestar do animal.

Servizo pre e post adopción
Para empezar unha convivencia con bo pé...
> Comunicación felina
> As necesidades felinas
> Adaptación á familia
Servizo asesoramento de comportamento
Se a convivencia faise difícil...
> Marcaxe con ouriños e uso inadecuado do arenero
> Agresividade cara ás persoas ou a outros animais
> Medo, inseguridade e estrés
> Convivencia complicada entre varios gatos
> Dificultades na adaptación a cambios (mudanzas, novos membros na familia, novas rutinas)
> Vocalizacións excesivas
> Xogo brusco ou mordeduras durante a interacción
> Cambios de comportamento sen causa aparente

Coellos, hámsters, cobaias, furóns, ratos e ratóns
Tamén precisan de nós...> Medo ou resposta de estrés ante a manipulación
> Condutas de evitación ou bloqueo
> Agresividade defensiva
> Problemas de convivencia entre individuos
> Dificultades na adaptación ao entorno doméstico
> Estereotipias ou condutas repetitivas
> Falta de actividade ou apatía
> Dificultades na xestión do espazo e do manexo diario
Cada animal é único.
Se tes dúbidas sobre se podemos axudarte contáctanos e falamos do teu caso.
> Sesión individual
> Revisión da situación e do entorno
> Orientación personalizada e resolución de dúbidas
Modalidade online ............ 50€/ h
Primeira sesión (90 minutos)
> Avaliación completa do comportamento
> Pautas personalizadas
> Coordinación con veterinario se é necesarioSeguemento (30 minutos)
> Resolución de dúbidas
> Axuste de pautas
> Avaliación da evolución
> Acompañamento
Modalidade online
Primeira sesión ............ 75€
Seguemento ............ 25€
> Servizo de asesoramento de comportamento
> Consultas pre e post adopción.
> Coellos, hámsters, cobaias, furóns, ratos e ratóns
Modalidade online
Primeira sesión ............ 75€
Seguemento ............ 25€
Pre/post adopción ... 50€/h
Cada animal é único.
Se tes dúbidas sobre se podemos axudarte contáctanos e falamos do teu caso.
* I.V.A. non incluido nos prezos
Somos Isa e Ana Bermejo, dúas irmás que lles encantan os animais de calquera forma e cor. Mentres que Isa leva as riendas do proxecto, Ana aplica a súa formación en etoloxía a axudar directamente ás familias multiespecie empregando métodos respetuosos e baseados na ciencia.Creamos este proxecto para poñer o noso granito de area no benestar animal. Se eles viven ben, nós tamén! :)


Isa & Michifú
Emprendedora incansable,
mente creativa
Formada en psicoloxía felina, é quen sostén a organización, a comunicación e as redes sociais, coidando cada detalle para que o proxecto chegue ás persoas que nos necesitan.

Ana & Hobnob
Apaixonada polos animais,
auténtica friki do comportamento
Cun máster en etoloxía clínica e un doutorado en bioloxía molecular, segue aprendendo cada día para axudar a mellorar a convivencia dos peludiños coas súas persoas.
En Boas Pezas cremos no traballo en rede como base para o benestar animal.
A colaboración entre profesionais e entidades é fundamental para ofrecer unha atención completa, coherente e respectuosa.
Moitos casos de comportamento teñen unha base médica, e moitos problemas médicos maniféstanse a través do comportamento.> Acompañamento etolóxico en casos derivados desde clínica
> Avaliacións de comportamento e plans de intervención individualizados
> Seguimento continuado e comunicación fluída co equipo veterinario
> Traballo coordinado en casos de estrés, dor crónica, agresividade, eliminación inadecuada, etc.
> Consultas 100% online, adaptables á dinámica da clínicaEs veterinario/a e cres que a podemos complementar o teu traballo?
As dificultades de comportamento son unha das principais causas de devolución e abandono.> Asesoramento pre e post adopción
> Avaliación de comportamento de animais en acollida
> Acompañamento a familias adoptantes
> Orientación en presentacións entre animais
> Apoio en casos de estrés, medo ou adaptación ao fogar
> Divulgación e formación básica en comportamento animalSe formas parte dunha protectora e pensas que podemos sumar, falamos.
En Boas Pezas estamos cremos firmemente no traballo en equipo, contáctanos e falamos.
Titular da web: Ana Bermejo Martínez
Nome comercial: Boas Pezas
Domicilio social: Oleiros, España
Correo electrónico de contacto: info@boaspezas.es
Dominio web: https://www.boaspezas.es
1.1 Obxecto
O presente Aviso Legal regula o acceso, navegación e uso do sitio web www.boaspezas.es (en diante, o “Sitio Web”), así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos.
1.2. Condicións de uso
O acceso ao Sitio Web atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas das presentes condicións. O usuario comprométese a facer un uso adecuado do Sitio Web e dos seus contidos, de conformidade coa lexislación vixente.
1.3. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos do Sitio Web (textos, imaxes, logotipos, deseño, código fonte, etc.) son titularidade do responsable da web ou de terceiros autorizados, quedando prohibida a súa reprodución, distribución ou comunicación pública sen autorización expresa.
1.4. Responsabilidade
O titular non se responsabiliza dos danos derivados de interferencias, interrupcións, virus informáticos ou desconexións do sistema motivadas por causas alleas.
1.5. Ligazóns externas
O Sitio Web pode conter ligazóns a sitios de terceiros, sobre os cales o titular non exerce control nin asume responsabilidade algunha.
1.6. Lexislación aplicable
Este Aviso Legal réxese pola lexislación española. Para a resolución de conflitos, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do usuario, cando este teña a condición de consumidor.
2.1. Servizos ofrecidos
2.1.1. Este Sitio Web ten carácter informativo e ofrece contido sobre quen somos, os servizos profesionais que prestamos, as tarifas orientativas e os medios de contacto. Os servizos ofrecidos a través desta web corresponden a consultas de etoloxía, orientadas á avaliación e asesoramento sobre comportamento animal. A información publicada nesta web non substitúe, en ningún caso, a atención veterinaria nin outros servizos sanitarios especializados.
2.1.2. A contratación dos servizos realízase de forma personalizada, mediante contacto previo a través dos medios indicados na web. As condicións concretas acordaranse de maneira individual con cada persoa usuaria.
2.1.3. As tarifas publicadas teñen carácter orientativo e poden variar en función do tipo de consulta, duración ou necesidades específicas de cada caso. O prezo final confirmarase antes da prestación do servizo.
2.1.4.En caso de cancelación ou modificación dunha cita, agradécese que se comunique coa maior antelación posible.
2.2. Rexistro de usuarios
Para acceder a determinados servizos pode ser necesario o rexistro. O usuario comprométese a facilitar información veraz e a manter a confidencialidade das súas credenciais.
2.3. Obrigas do usuario
O usuario comprométese a:
- Non empregar o Sitio Web con fins ilícitos.
- Non introducir virus ou calquera sistema que poida causar danos.
- Respectar os dereitos de propiedade intelectual.
2.4. Modificacións
O titular resérvase o dereito a modificar en calquera momento os presentes Termos e Condicións. As modificacións serán publicadas no Sitio Web.
1. Responsable do tratamento
Responsable: Ana Bermejo Martínez
Contacto: info@boaspezas.es
2. Datos persoais recollidos
Os datos que se poden recoller inclúen:
- Datos identificativos (nome, apelidos)
- Datos de contacto (correo electrónico, teléfono)
- Datos de navegación (IP, tipo de navegador)
3. Finalidade do tratamento
Os datos persoais serán tratados para:
- Xestionar consultas realizadas a través do formulario de contacto
- Prestar os servizos solicitados
- Enviar comunicacións comerciais, se existe consentimento
4. Base legal
A base legal para o tratamento é:
- O consentimento do usuario
- A execución dun contrato ou precontrato
- O cumprimento de obrigas legais
5. Conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos ou segundo esixa a normativa aplicable.
6. Destinatarios
Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal ou provedores que actúen como encargados do tratamento.
7. Dereitos do usuario
O usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade enviando unha solicitude ao correo electrónico indicado, xunto cunha copia do seu documento identificativo.
Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
8. Seguridade dos datos
O responsable adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais.